ainda por atopar
onde non exista
quen nos diga que facer
un lugar onde
non se nos prohiba,
onde sexamos libres.
Un lugar onde estar so,
so contigo.
Sei que existe
ese lugar
no que eu sexa
o vento que agarime
os teus beizos todas as mañans.
Un lugar onde
a miña soidade
sexa a tua compaña.
Un lugar onde
o ceo no serán
tinguese da cor dos teus ollos.
Un lugar onde estar so,
so contigo.
Ese lugar onde
ó teu lado durma o día
onde pase as noites
e a lua mecese
sobre as ondas.
Un lugar onde estar so,
so contigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario